Hoxe, Día de Galicia
25.07.2014 19:53Vernes,25 de xullo de 2014. Por Isidoro Hornillos. Publicado en El Correo Gallego. Compostela festexa hoxe o Día Nacional de Galicia cos ollos húmidos de bágoas en memoria da traxedia de Angrois. Abrayada, enchida de mágoa pero coa chama acendida para alumar novos proxectos de futuro, baixo a solidariedade secular dos seus veciños e a invitación á reflexión.
Santiago, cidade cosmopolita, berce de coñecemento e de contrastes, chea de farturas de obras mestras que reclaman un punto de inmortalidade na historia, vístese de gala para homenaxear ao inmenso patrimonio cultural, educativo, político e social que atesoura Galicia. O simbolismo desta data mestura ideoloxías e crenzas ben distintas entre os que a celebran. Xorde deste xeito a imaxe dunha xornada de pluralismo e libertade, mesmo para reivindicar, que alberga a urbe descendente de Campus Stellae (Campo da Estrela) ou máis probablemente Composita Tella (Terras Fermosas), eufemismo por cemiterio...
Continúa a lectura en
———
Volver